II Xornadas Pacegas-SoTERRAdas

A vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo

Cartel das II xornadas pacegas en Tor. Na imaxe vese o sillón da nodriza do cuarto dos nenos e unha muller vestida de doncella planchando.

Esta acción forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve: Pazo de Tor

Cando: Os días 18 e 19-05-2022
De 16:00 a 19:00 os dous días

Formato: Presencial

Vinculadas ao lema “O poder dos museos”, escollido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos, esta segunda edición das Xornadas Pacegas céntrase no concepto de “poder” que se traslada dende os museos.

Poder entendido como posibilidade de mudar o que non nos gusta, como capacidade de revisar os camiños que transitamos para recuperar a memoria máis humilde. Neste caso a das mulleres que sostiveron -e sosteñen- con ímprobo traballo e fatigas as tramas xerárquicas de todos os poderes.

Galería

Tamén lle pode interesar

Luis Peinó

Nesta ocasión en Acordanzas falamos de escultor lucense Luis Ferreiro Peinó (19 de maio de 1921- 13 de abril de 2004.) con motivo dos cen anos do seu nacemento.

Comparte nas túas redes