Fotografía a cegas V

A ollada sensible

Foto en cor dunha muller desenfocada no que parece ser o museo provincial de lugo

Fotografía a Cegas chega á súa 5º edición, nesta ocasión matriculáronse 25 alumnos, dos cales non todos son invidentes ou limitados visuais, tamén contaremos coa presenza de alumnos de diversas procedencias, abrindo as portas a quen queiran investigar no campo da fotografía creativa dende a experiencia sensorial.

A OLLADA SENSIBLE

Fotografía sensible é o título que dirixe a mirada a unha secuencia de exercicios que achegarán pautas aos alumnos para desenvolver un album persoal, a intención é ofrecer os mecanismos e coñecementos para que cada alumno proxecte a súa historia, a súa contorna ou as súas inquietudes desde a súa propia mirada persoal, desta maneira convídase os participantes a que tomen as ferramentas e recursos artisticos dunha forma cotiá e natural, buscando na actividade da fotografía, unha opción para desenvolver a súa creatividade, motivar a inquietude artística e afianzar recursos profesionais, en definitiva unha actividade que se rexe pola máxima de eliminación de barreiras fomentando a igualdade de oportunidades.

Galería

Accións incluídas neste programa

Comparte nas túas redes