Fotografía a Cegas IV
Trato-Retrato
Temática: Accesibilidade, integración e inclusión
Esta programa forma parte de: Fotografía a Cegas
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Xaneiro de 2017
Presencial
Hoxe en día fanse millóns de fotos, disparar, disparar e disparar… Con todo, cando se fai unha foto non se trata só diso, un fotógrafo estuda o encadre, a distancia, a composición, a luz… “iso é o pracer de facer unha foto”. Nestes talleres de “fotografía a cegas” trátase de reivindicar a “preparación” do acto fotográfico, e na que disparar a instantánea é o último paso de todo este proceso. E non necesariamente o máis importante.
A fotografía como expresión artística para persoas invidentes é un instrumento que lles permite descubrir novos mundos, non temos que poñer ningunha limitación e menos para facer fotografía”.
A finalidade destes talleres de fotografía é dar ferramentas a persoas cegas e débiles visuais para comunicarse a través da arte, co propósito de mellorar a súa autoestima, independencia e seguridade, desenvolvendo así o seu potencial emocional, intelectual e creativo.
O máis admirable non é que a persoa cega poida fotografar, se non que por medio das súas imaxes móstrennos o que pode ser a fotografía dun cego, e darnos conta de como nelas poden reflectir o seu estado de ánimo, comunicar un pensamento, provocar un sorriso, expor unha interrogante e ensinarlles algo a quen non estaban dispostos a crer.
Sentir a fotografía…
Como se pode ensinar a unha persoa cega a fotografíar? “ e a resposta é establecendo un diálogo. Así, o acto fotográfico convértese nunha conversación. Entre a persoa cega, que manexa a cámara, e o seu axudante que lle informa en todo momento da posición do suxeito que vai fotografar, a súa distancia, o espazo de ao redor, as condicións de luz…etc. Neste caso o invidente ten algunhas guías como o tacto (para tocar ao modelo) ou o oído (para realizar o foco), que lle axudan a orientarse e fanlle ser cada vez máis autónomo. E a persoa que lle acompaña pódelle ir informando a medida que avanza.
Galería
Video
Enlaces de interese
Accións incluídas neste programa
Percorrendo Fotografía a Cegas
Percorrendo Fotografía a Cegas 4 de decembro, ás 11:30 horas, no Museo Provincial de Lugo