Memoria Audiovisual:

13 anos de Fotografía a Cegas

Cartaz da inauguración no que se ven duas fotos dos obradoiros. Nunha saen os participantes no museo do mar xuntando ás mans. Na outra vense as máns xuntas

O vindeiro 15 de novembro ás 11:30h, o Museo Provincial de Lugo acollerá a inauguración da exposición Memoria Audiovisual: Fotografía a Cegas, unha obra que explora trece anos de obradoiros de Fotografía a Cegas a través dun ensaio fílmico. Esta peza singular constrúese a partir dun arquivo único, un diario fílmico que se transforma nun cine-ensaio profundo e evocador.

O obxectivo desta documental non é presentar unha orde cronolóxica ou funcional dos materiais, senón artellar un discurso visual que ofrece un punto de vista íntimo e persoal. As imaxes, organizadas co propósito de reflexionar sobre a linguaxe audiovisual, transcenden a simple representación e propoñen un diálogo co espectador, respondendo ás aspiracións históricas do ensaio como forma literaria.

O filme abarca todas as vivencias captadas durante os talleres, rexistrando a memoria e o paso do tempo con sensibilidade. Cada imaxe reflicte un contexto próximo e persoal, privilexiando o acontecer cotián e o entorno máis íntimo. Así, a obra non narra unha historia tradicional, senón que convida a participar dunha experiencia vivencial e reflexiva.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes