Notas no latexo do unánime e cego
A poesía é unha arma cargada de futuro – Gabriel Celaya
Temática: Xéneros e igualdade
Esta proposta forma parte de: (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cando: Dende o 08/02/2024
ao 08/04/2024
Formato: Presencial
Notas no latexo do unánime e cego e un proxecto resultado das investigacións levadas a cabo durante as residencias artísticas “[Dá] Terra Semente, [Dá] Semente Terra” no Pazo de Tor en agosto de 2022. Presentado en forma de apuntamentos fílmicos, o proxecto proponse revisitar o pasado a través da biografía dos espazos do Pazo de Tor, cuestionando a maneira en que lembramos, co fin de evitar caer nun actitude nostálxica ou escapista, senón máis ben liberando un pasado soterrado e oculto baixo o veo da rutina.
Mediante unha atmosfera gasosa combinada con voces de mulleres da provincia de Lugo, algunhas delas relacionadas co Pazo de Tor, como Angelita, establécese unha reflexión que busca ir máis aló das diferenzas de privilexios entre clases sociais, evidentes neste lugar habitado durante séculos. Máis ben, mergúllase no cambio de paradigma actual: o inicio da transición dunha era material, ríxida e inamovible, cara a algo que promete ser moito máis voluble, cambiante e sen forma definida.
Neste contexto, o traballo busca explorar as tarefas estruturalmente naturalizadas e asimiladas dentro do ámbito feminino, especificamente as relacionadas co doméstico e o non remunerado. Isto resulta na exclusión das mulleres das relacións de produción e, polo tanto, sitúaas fóra da loita de clases. Este escenario convérteas en non-suxeitos na sociedade, xa que, a pesar de ser autónomas, a situación á que dan expresión non o é.
Ficha técnica do proxecto: Vídeo HD, 16:9, color, estéreo, 10:22 min.
Comisariado: Anxela Caramés e Encarna Lago.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Coidados na Diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España
Coidados na Diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España