“Da Sementeira”
Arte, natureza e territorio. Residencias artísticas de conciliación familiar
Temática: Xéneros e igualdade
Público: Infantil e familias
Esta proposta forma parte de: Programa de verán
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Museo Provincial do Mar: do 13 ao 17 de agosto
Museo Pazo de Tor: do 30 de xullo ao 3 de agosto
Museo Provincial do Mar: do 20 ao 24 de agosto
Exposición colectiva Pazo de San Marcos: 30 de agosto de 2024.
Como ben define o seu nome, “A Sementeira” é un espazo de crecemento para os máis novos, un lugar de encontro e experimentación a través da Arte que percorre o territorio lucense. Este proxecto, en formato de residencias artísticas de conciliación, fusiona arte, natureza e territorio, creando unha experiencia diversa que nos conecta coas nosas raíces, co lugar ao que pertencemos e coa nosa historia persoal. Ademais, apoia o tecido familiar e comunitario da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL).
Como creadoras, xestoras e mulleres emprendedoras en diferentes etapas de conciliación, sabemos da importancia de crear espazos como “A Sementeira”. Este proxecto facilita e apoia a xestión da realidade diaria, reivindicando a igualdade de oportunidades e de xénero. “A Sementeira” ofrece disciplinas artísticas como escultura, pintura expandida e serigrafía, permitíndonos conectar coa nosa contorna, coa produción contemporánea e coa liberdade de expresión mediante a colaboración e a identidade de “rede” que caracteriza esta institución.
Presentamos “A Sementeira” nun territorio fértil por excelencia, con unha comunidade fortemente vinculada aos Museos da Rede. O obxectivo é enriquecer o tecido cultural e ofrecer ás novas xeracións perspectivas, valores e espazos onde fomentar a sensibilidade a través da Arte. En definitiva, un espazo de posibilidades e crecemento. “Sementada a semente, só o tempo e a vida dirán o que pode brotar”.
Este verán, as residencias artísticas de conciliación familiar na Rede Museística Provincial de Lugo prometen ser un encontro inesquecible co arte e coa nosa identidade.