Nova visita inmersiva á exposición “Emocións” de Soledad Penalta

retrato de soledad peralta

Online

A mostra “Emocións”, que se clausurou este domingo no Museo Provincial de Lugo tras estar aberta ao público dende abril, estará dispoñible de maneira permanente a través da web da Rede Museística, permitindo que calquera persoa poida seguir disfrutandoa.

Emocións” presenta unha coidada selección de vinte pezas de gran formato, onde se reflicte a esencia e a mestría que caracteriza o traballo de Penalta nos últimos anos. Esta exposición inmersiva permitirá explorar con todo detalle as súas esculturas, ofrecendo unha oportunidade para conectar coas emocións que inspiran.

A mostra “Emocións” forma parte do programa (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?, un proxecto que visibiliza, analiza e reflexiona sobre os contidos directos e indirectos relacionados coa posición das artistas tanto no mundo creativo como nas institucións ou entidades tradicionais que as representan corporativamente. Este programa ten uns obxectivos xerais que abranguen varias exposicións temporais na RMPL e obxectivos específicos para cada unha das exposicións individuais.

A mostra súmase a outras exposicións que, tras a súa clausura, continúan dispoñibles na nosa plataforma dixital de maneira inmersiva e asincrónica, permitindo que o público as reviva en calquera momento e desde calquera lugar.

Ademais, no mes de agosto, a Rede Museística presentou a obra “Visibilidade” de Soledad Penalta, unha impoñente escultura en aceiro corten de 2,4 metros de altura. Esta peza simboliza a loita das mulleres pola igualdade e recoñecemento en diferentes ámbitos, consolidándose como unha obra emblemática no compromiso pola visibilidade feminina.

Visita inmersiva

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes