21 s(empre)
Conserva de memoria(s)
O 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, lembramos a loita constante de pacientes e familias fronte a esta enfermidade que afecta a tantas persoas ao redor do mundo. Neste marco, a Área de Cultura, a través da Rede Museística Provincial de Lugo , colabora activamente co tecido asociativo e asistencial, buscando visibilizar a problemática do Alzheimer e ofrecer apoio ás súas vítimas e aos seus seres queridos.
Un dos principais programas da súa colaboración é “Conserva de Memori(AS)”, que invita a gardar en conserva os recordos das persoas afectadas, buscando preservar a súa memoria e a súa identidade. No contexto desta actividade, a mostra “21 s(empre)” é unha homenaxe artística aos afectos, aos recordos e á importancia de coidar a memoria colectiva.
A exposición estará composta por obras de 21 artistas da Mariña lucense, que plasmarán as súas reflexións sobre o Alzheimer en bolsas de tea. A esta proposta únese tamén os traballos colectivos realizados polo alumnado do IES Alfoz-Valadouro, coordinados por Paz Quiroga. A través de esta iniciativa, 21 s(empre) quere ser unha chamada de atención para lembrar que o Alzheimer non se combate só o 21 de setembro, senón durante todo o ano, e que o apoio á loita das persoas afectadas debe ser constante e profundo.
A mostra inaugurarase o 21 de novembro ás 17:00 no Museo Provincial do Mar.
Artistas Participantes:
- Caxigueiro
- Juanel
- Cristina Basanta
- Mauro Leivas
- Martín Lestao
- Belén Mogo
- Neira Brochs
- Chus Lage
- Carmen Llonín
- Ignacio Castro “Nachok”
- Galiensoup
- Lu Vila
- Julián Bouza
- Alicia Puchades
- Carmen Porteiro
- Pedro Cabarcos
- María Martín
- David Catá
- H. Xeada
- Laura Díaz
- Mª Jesús Alonso López
- IES ALFOZ-VALADOURO / Coordinación: Paz Quiroga