21 s(empre)

Conserva de memoria(s)

O 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, lembramos a loita constante de pacientes e familias fronte a esta enfermidade que afecta a tantas persoas ao redor do mundo. Neste marco, a Área de Cultura, a través da Rede Museística Provincial de Lugo , colabora activamente co tecido asociativo e asistencial, buscando visibilizar a problemática do Alzheimer e ofrecer apoio ás súas vítimas e aos seus seres queridos.

Un dos principais programas da súa colaboración é  “Conserva de Memori(AS)”, que invita a gardar en conserva os recordos das persoas afectadas, buscando preservar a súa memoria e a súa identidade. No contexto desta actividade, a mostra 21 s(empre) é unha homenaxe artística aos afectos, aos recordos e á importancia de coidar a memoria colectiva.

A exposición estará composta por obras de 21 artistas da Mariña lucense, que plasmarán as súas reflexións sobre o Alzheimer en bolsas de tea. A esta proposta únese tamén os traballos colectivos realizados polo alumnado do IES Alfoz-Valadouro, coordinados por Paz Quiroga. A través de esta iniciativa, 21 s(empre) quere ser unha chamada de atención para lembrar que o Alzheimer non se combate só o 21 de setembro, senón durante todo o ano, e que o apoio á loita das persoas afectadas debe ser constante e profundo.

A mostra inaugurarase o 21 de novembro ás 17:00 no Museo Provincial do Mar.

Artistas Participantes:

  1. Caxigueiro
  2. Juanel
  3. Cristina Basanta
  4. Mauro Leivas
  5. Martín Lestao
  6. Belén Mogo
  7. Neira Brochs
  8. Chus Lage
  9. Carmen Llonín
  10. Ignacio Castro “Nachok”
  11. Galiensoup
  12. Lu Vila
  13. Julián Bouza
  14. Alicia Puchades
  15. Carmen Porteiro
  16. Pedro Cabarcos
  17. María Martín
  18. David Catá
  19. H. Xeada
  20. Laura Díaz
  21. Mª Jesús Alonso López
  • IES ALFOZ-VALADOURO / Coordinación: Paz Quiroga

Comparte nas túas redes