Presentación da mostra “As villae lucenses no MPL. Cultura material”

Temática: Arqueoloxía

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando: De marzo a maio

Formato: Presencial

O Museo Provincial de Lugo realiza unha exposición con material divulgativo e explicativo sobre o patrimonio arqueolóxico, conservado neste museo, vinculado coas villae romanas.
A través de paneis con textos actualizados, fotografías, debuxos, etc., documéntase e amósase, temporalmente, unha escolma de pezas representativas do material custodiado nas zonas de reserva, que se situará a carón das vitrinas da colección estable onde se expoñen pezas arqueolóxicas procedentes de villae lucenses.

Serán amosados materiais dos xacementos de San Vicente de Castillón (Pantón), Vilar da Graña (Roupar, Xermade), Area (San Xiao de Faro, Viveiro), Sta María de Proendos (Sober), Quintá (San Vicente da Grade, Chantada) e Agro de Parapar (Barbaín, Lugo); algúns deles expostos ao público por vez primeira, como un fragmento de estuco procedente da villae marítima de Area (Viveiro), dous chocallos achados en Proendos (Sober) e un ponderal de 40 libras, de Castillón (Pantón).

A realización desta mostra ten como obxectivos complementar as “VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense”, divulgar esta parte concreta do patrimonio arqueolóxico custodiado no MPL e aportar coñecemento e información rigorosa de xeito aberto, inclusivo e gratuíto.

Comisariado: Enrique Alcorta, Aurelia Balseiro e Mª Ofelia Carnero.

Galería

Comparte nas túas redes