DE MONETARIA GALEGA.
Galiza e a súa moeda dende antigüidade ata os nosos días
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: 01/02/2024
ás 19.00h.
Formato: Presencial
Este xoves 1 de febreiro de 2024, ás 19:00 horas, no Museo Provincial de Lugo presentase o libro “DE MONETARIA GALEGA. Galiza e a súa moeda dende antigüidade ata os nosos días” de Aurelia Balseiro, Pablo Núñez e Antonio Roma . O acto contará coa presenza de Iria Castro Fernández, Delegada de Cultura da Deputación de Lugo; Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Pablo Núñez Meneses, Doutor en Historia e especialista en numismática; e Antonio Roma Valdés, Doutor en Historia e especialista en numismática.