Programación de verán da Fortaleza de San Paio de Narla
Asalto ao verán
Esta proposta forma parte do: Programa de verán
Onde se desenvolve: Museo Fortaleza de San Paio de Narla
Cando: xuño-setembro
Este verán, nos museos da RMPL seguimos na loita, porque as inxustizas non descansan, non marchan de vacacións! As nosas actividades son ferramenta críticas para a procura doutro tempo, doutras verdades que nos vexan a todxs na nosa diferencia e das que sintamos fachenda de recoñecernos. Sexamos irmandiñxs ao asalto dun mundo mellor!
Xuño
- Festival Sacra Expandido. Obradoiro para o territorio, con Janet Novás.
30 de xuño
11:00 – 14:00 h.: impartirá un obradoiro de danza e teatro con Janet Novás; 18:00 – 19:30 h.: Espectáculo “Feelings” e coloquio co público.
público xeral
libre ata completar aforo, con reserva previa na web https://sacrafestival.org/sacra-expandido/
-
Proxecto “Soterradas: vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”.
Afrontamos a historia e cambiamos o relato. Ou como os museos se erixen como bastións da rebelión contra as inxustizas e a intolerancia. Dentro do proxecto museolóxico de investigación educativa “Soterradas: vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”, abrimos dúas accións en San Paio de Narla a desenvolver entre o 30 de xuño e o 2 de agosto:
-
Cantos á historia. Unha viaxe a través da imaxe, palabra, son e paisaxe.
Dentro do proxecto “Soterradas: vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”, concerto narrado a cargo da Coral Polifónica Xolda.
30 de xuño.
12:00 h.
Xullo
- Asalto ao Castelo.
Segunda acción do Proxecto “Soterradas: vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”.
Residencia de teatro
1 e 2 de xullo.
todo do día
mozos
previa inscrición en concertacionsrmp@gmail.com
- Xornadas Internacionais sobre museos e educación Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento de dereitos culturais.
Curso de verán da USC.
5 de xullo.
de 9:30 a 12:30 h.
profesionais de museos, universidade e institutos.
previa matrícula.
- Ioga e arte.
Sesión impartida por Stephanie Cubides.
20 de xullo
de 11:30 a 13:30 h.
público xeral
previa inscrición en concertacionsrmp@gmail.com