Programación de verán do Museo Provincial do Mar

Asalto ao verán

Esta proposta forma parte doPrograma de verán

Onde se desenvolve:  Museo Provincial do Mar

Cando: xuño-setembro

Este verán, nos museos da RMPL seguimos na loita, porque as inxustizas non descansan, non marchan de vacacións! As nosas actividades son ferramenta críticas para a procura doutro tempo, doutras verdades que nos vexan a todxs na nosa diferencia e das que sintamos fachenda de recoñecernos. Sexamos irmandiñxs ao asalto dun mundo mellor!

Exposicións

Memorias en lata”, do proxecto “Conserva de memori(AS”), e presentación dunha nova peza para a colección dentro do programa “+mares”

Inauguración o 20 de agosto
ás 13:30 h.

Xullo

  • Campamento de verán CoidARTE.

Programa de conciliación familiar con ioga, arte e fotografia inclusiva.

do 17 ao 19 de xullo
de 9:30 a 13:30 h.
crianzas de 5 a 12 anos
previa inscrición en museodomar@museolugo.org

  • A Arte de Camiñar Buscando o Norte: Artes en Saúde, Paseos Sonoros para Maiores pola Rede Museística
    A saúde é un estado completo de benestar físico, psíquico e social, e non só a ausencia de afeccións e enfermidades. Este obradoiro está deseñado para maiores, co obxectivo de promover o benestar integral a través de paseos sonoros e actividades artísticas nos museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Os participantes aprenderán a conectar con eles mesmos e co seu entorno, descubrindo o poder terapéutico da arte e o movemento.

20 de xullo
de 17:00 a 19:00 h.
Club Senior
previa inscrición en museodomar@museolugo.org

Agosto

  • Presentación dunha nova peza para a colección dentro do programa “+mares”

2 de agosto.
ás 13:00 h.
libre

  • ENCONTRO DE SABERES, con Enrique Pérez-Campoamor Miraved: “Memorias do mar: A vida dun fareiro do s. XIX”.

17 de agosto
ás 18:00 h.
 público xeral
libre

  • Da sementeira. Arte, natureza e territorio. Residencias artísticas de conciliación familiar.

do 20 ao 24 de agosto.
de 10:00 a 15:00 h.
crianzas de 6 a 10 anos
10 prazas
previa inscrición en museodomar@museolugo.org

Setembro

  • Encontro de saberes, con José Mª Leal Bóveda: “A violencia contra as mulleres da Galicia dos ss. XIX-XX”

7 de setembro.
ás 18:00 h.
público xeral
libre

Comparte nas túas redes