Un fío para saír do labirinto:

teatro aplicado á saúde mental

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este curso preséntase como unha oportunidade única para explorar o potencial da arte escénica como unha estratexia de resiliencia e cambio. Nun contexto onde os problemas de saúde mental son un desafío crecente, segundo datos da OMS, o curso “Un fío para saír do labirinto” propón unha vía innovadora para afrontar as dificultades emocionais.

Inspirado no mito de Ariadna e Teseo, este obradoiro no Pazo de Tor  emprega a metáfora do labirinto para guiar aos participantes a través dos seus propios desafíos. A través da interpretación, os participantes terán a ocasión de encarnar personaxes e explorar novas perspectivas sobre os seus problemas nun espazo seguro e acolledor.

A intervención artística axuda a resolver conflitos, reducir o estrés e potenciar a autoestima. Este curso intensivo, impartido polas recoñecidas profesionais Adriana Ozores e Laura Duhalde de Aescenatumejortú, ofréceche a oportunidade de desenvolver habilidades persoais e de construír novas narrativas para a túa vida. A través de exercicios prácticos e dinámicos, poderás descubrir e potenciar as túas capacidades de forma creativa, lúdica e segura.

Non son necesarios coñecementos previos de interpretación. Este é un curso aberto a todas as persoas que queiran atopar un xeito diferente de activar as súas capacidades e confrontar as súas dificultades.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

    Nome:

    Idade:
    Email:


    Información básica sobre protección de datos:
    Os datos de carácter persoal serán incorporados á actividade de tratamento "Rede Museística" cuxo responsable é a Deputación de Lugo, coa finalidade da xestión das inscricións e desenvolvemento de proxectos e actividades formativas promovidas pola Rede Museística. A licitude do tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos. Os datos persoais dos interesados non serán comunicados a terceiros. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais mediante escrito dirixido á Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org). Pódese consultar información adicional e detallada sobre esta actividade de tratamento na seguinte ligazón (https://www.deputacionlugo.gal/rexistro_actividades_tratamento/rede_museistica).

    Vídeo explicativo de Adriana Ozores

    Comparte nas túas redes