V Xornadas Pacegas
xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor
02 e 03/06/2025
Houbo pazos en Galiza que se quixeron centros políticos e culturais. Entenderon esa relación co mundo da cultura dende un punto de vista propagandístico dos apelidos da liñaxe en cuestión: algúns fidalgos non quixeron ser simples vinculeiros; revestíanse cunha imaxe de persoeiros cultos, arrodeábanse ou frecuentaban xente e prestixio, das artes e das letras. Os Garza adornaron a súa estirpe como trasuntos literarios da man de Benito Vicetto e Valle-Inclán. A ficción narrativa e a verdade poética mantivéronse durante xeracións no Pazo. As tertulias literarias, as veladas na versión pacega dun Parnaso improvisado cabo da casa, ás que acudían Uxío Novoneyra e Manuel María, artistas como Enrique Navarro, prolongáronse até as propias residencias literarias practicadas pola Rede Museística. Plantexamos estas V xornadas como un encontro do pasado poético coa literatura de hoxe relacionada non só co Pazo de Tor, senón con outras grandes casas e co seu territorio.
📅 Programa
📍2 de xuño
🕠 16:30 h
Presentación
A cargo de Encarnación Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo:
“O Pazo de Tor, fogar da palabra. De profundis: ecos das voces soterradas na museoloxía da Rede Museística”
🕔 17:00 – 19:30 h
Mesa 1: Casas e Pazos, Fogares da Palabra
Moderador: Uxío Novo (A Casa da Fonte convidada en Tor)
- Manuel María, Da Terra Cha ao Monforte do Pazo de Tor – Alberte Ansede (Fundación Manuel María)
- Camiño de Pacios do señor, nembranembrando: d’Os eidos a Ámeto Mítico con desvío en Tor– Nieves Neira (Fundación Uxío Novoneyra)
- Meirás e Doña Emilia – María López Sández (Real Academia Galega)
📍3 de xuño
🕔 17:00 – 19:30 h
Mesa 2: Literatura e Terra
Moderador: Alberto Lema (escritor)
- María Sánchez – Poeta
- Reboraina, Pedrayo e Bocarribeira – Patricia Arias Chachero (Fundación Otero Pedrayo)
- O mar de Manuel Antonio dende a fiestra da Casa – Anxo Angueira (Fundación Rosalía de Castro)
- O Ámeto mítico de Novoneyra – Uxío Novo (Fundación Uxío Novoneyra)