VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense
As villae na Gallaecia. Establecementos agrícolas-señoriais de época romana.

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Deputación Provincial de Lugo
Cando: 05/04/2024 e 06/04/2024
Inscrición: 18/03/2024 a 04/04/2024
Formato: Presencial e Online
Este luns, 18 de marzo, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo a presentación das VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, que levan por título “As villae na Gallaecia. Establecementos agrícolas-señoriais de época romana” e que se celebrarán os vindeiros días 5 e 6 de abril.
Así mesmo, procedeuse á apertura do prazo de inscrición, que poderá realizarse ata o 4 de abril cumprimentando e presentando no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo (presencial ou telematicamente) o seguinte formulario:
Coa realización desta sétima edición das xornadas procúrase:
• Abordar, desde diferentes perspectivas, o contexto das villae romanas na Gallaecia.
• Visualizar estratexias de difusión e divulgación científica para un correcto coñecemento do patrimonio romano da nosa contorna.
• Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións interdisciplinares e transversais.
• Contribuír ao estudo e difusión das villae para xerar novos contidos e transferirllos á sociedade.
• Dar a coñecer os materiais e pezas, procedentes de villae, que forman parte do patrimonio arqueolóxico do Museo Provincial de Lugo.
• Darlles visibilidade aos estudos históricos e arqueolóxicos realizados no eido patrimonial das villae.
• Fomentar as relacións institucionais, con entidades docentes e culturais doutras localidades de España, promovendo conexións recíprocas de colaboración e divulgación científica.
Pode descargar aquí o programa completo:
Tamén che pode interesar
Actas audiovisuais das VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense
Actas audiovisuais das VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense As villae na


