XOVE, Democracia Nuclear

Como a unión dun pobo conseguía evitar que a enerxía nuclear chegase a Galicia

Documental Xove, democracia nuclear no museo do mar de san cibrao o 28 de octubre de 2023

Onde se desenvolve:  Museo provincial do Mar

Cando: O 28/10/2023
ás 18:30h

Formato: Presencial

Este sabado día 28 de outubro, no Museo Provincial do Mar, proxectarase ás 18.30 o documental dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga e producido por Germán Molina, “Xove, Democracia Nuclear”.

O documental recupera, con testemuños dos propios protagonistas, as historias vividas na década dos anos 70 na Mariña. Cando en 1973 fíxose público o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio lucense de Xove. Historias de un movemento veciñal de rexeitamento que tivo o seu momento cume o 10 de abril de 1977 cunha gran marcha desde Viveiro ata Xove.

Video

Comparte nas túas redes