Xoves teatreiros

no Pazo de Tor

Esta proposta forma parte de: Día das Letras Galegas

Onde se desenvolve:  Pazo de Tor

Cando: 16,23 e 30 de maio

ás 19:00h.

Formato: Presencial

No marco das celebracións deste ano do Día das Letras Galegas, a Rede Museística Provincial de Lugo suma sinerxias coa comunidade educativa e aos grupos teatrais escolares de Monforte de Lemos nunha iniciativa que non vai deixar a ninguén indiferente, “Os xoves teatreiros do Pazo de Tor”. E todo isto grazas a incansable Francisca Abeledo “Paqui”  toda unha institución no teatro do Val de Lemos e con quén sempre é un pracer colaborar.

As datas están marcadas: os xoves 16, 23 e 30 de maio, de 19:00h a 20:00h, o teatro enche os espazos colectivos de emoción e arte. Unha actividade aberta a todos os públicos na que se celebrarán actuacións teatrais que deixarán unha pegada imborrable.

Comezaremos este xoves día 16 ás 19:00h coa obra “Cincenta non quería perdices” a cargo do grupo de teatro do IES Rio Cabe, entrada libre ata completar aforo.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes