Acceso en liña á biblioteca do Museo Provincial de Lugo e inventario do seu fondo antigo

Novas ferramentas para acceder aos seus fondos bibliográficos

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Nestes momentos na biblioteca do Museo Provincial de Lugo estase levando a cabo unha importante reorganización , pero aínda así os seus fondos bibliográficos están accesibles ao público en sala e parte deles con acceso en liña despois dos traballos de catalogación realizados trala implantación do sistema integrado de xestión de bibliotecas, Koha.

Nos seus inicios, tanto pola compra dalgunha biblioteca privada como polas doazóns que aquí se acolleron, a súa temática era moi ampla. Posteriormente optouse pola especialización e actualmente a maioría das publicacións que van engrosando a colección son de historia, arte, arqueoloxía, etnografía e, en xeral, patrimonio cultural.

Este novo acceso a parte do seu catálogo faise desde a dirección https://biblioteca.redemuseisticalugo.org e permítenos facer buscas por autor, título, tema, ISBN e ISSN.

A día de hoxe estén incorporados os rexistros de 749 publicacións, 659 delas son monografías e 90 publicacións periódicas. A nosa intención é seguir incrementando este número para así facilitar as consultas dos usuarios ao mesmo tempo darlle visibilidade a este Departamento do Museo Provincial de Lugo. Poñemos tamén a disposición do usuario no arquivo anexo o inventario dunha sección que aínda sendo pequena en cantidade , 1.091 títulos, é ben curiosa, trátase da sección de Fondo Antigo que arranca parella á propia biblioteca e que contén as publicacións anteriores ao ano 1959.

Biblioteca do Museo Provincial de Lugo Horario: L-V, 9-14:30 h

Tlfno. : 982242112 biblio2@museolugo.org

https://biblioteca.redemuseisticalugo.org

Blanca Pacín Somoza/ Responsable-Coordinadora da Biblioteca do MPL

Comparte nas túas redes