Coidados, vulnerabilidades e dependencias
Olladas desde os feminismos
Temática: Xéneros e igualdade
Onde se desenvolve: Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Dende o 15/11/2022
ata marzo de 2023
Presencial
A escolma das creadoras foi un traballo da coruñesa Anxela Caramés, comisaria de arte e investigadora responsable do proxecto ALÉN DOS XÉNEROS, mostra que reuniu 50 prácticas artísticas feministas en Galicia desde os anos noventa ata 2017. Aborda agora este novo proxecto expositivo “que xira arredor de varios fíos conductores relacionados coa temática dos coidados”, explica Caramés. “En primeiro lugar o binomio traballo doméstico/mulleres migrantes e a súa correlación nas institucións culturais coas traballadoras da limpeza nos museos; e en segundo lugar a sobrecarga familiar das amas de casa, os problemas específicos da crianza desde a ollada das artistas nais, ademais dos vencellados cos coidados a persoas maiores”.
No Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) visibilizarase o labor das coidadoras de persoas maiores e dependentes suprimindo a división entre coidadora e coidada.
No Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) haberá unha escolma de creacións en relación á maternidade e á crianza que dialoga con obxectos que xa estaba nos fondos do museo, coma o berce, a mecedora ou as pezoneiras de cristal. Catro artistas falan desde o “eu” de ser nais incidindo nas dificultades da conciliación familiar e laboral.
E no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) as pezas céntranse no papel de coidadoras de mulleres que, ou teñen que compaxinar ambos roles no seo familiar, ou deben ocuparse dos coidados de persoas alleas para que outras poidan traballar.
Galería
Tamén che pode interesar
Coidados na Diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España
Coidados na Diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España
#25N RMPL: ROMPE O SILENCIO. NON HAI ESCUSA
#25N RMPL: ROMPE O SILENCIO. NON HAI ESCUSA PROGRAMA PROGRAMA
“Da Sementeira”
"Da Sementeira" Arte, natureza e territorio. Residencias artísticas de conciliación familiar