Día Internacional dos Museos 2023:
Museos, Sostibilidade e Benestar.
Esta proposta forma parte de: MusEUando pola sostibilidade e o benestar
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: Mes de maio
Formato: Presencial
Como xa sabedes as amigas e amigos que adoitades participar nas nosas actividades, os nosos museos son, sobre todo, sociais e de comunidade; por tanto, por enriba de calquera outra consideración, as nosas actividades guíaas a sostibilidade do medio que habitamos e o benestar das persoas que nos rodean.
Este mes, ademais do DIM (18 de maio) e a Noite dos Museos, tamén nos trae o Día das Letras Galegas (17 de maio), que nesta ocasión vai dedicado e un traballador incansable pola nosa cultura como foi Francisco Fernández del Riego.
Desde cada museo da RMPL, desde as súas peculiaridades e realidades sociais, centrados no Territorio e na Cultura, sempre coa mirada atenta á perspectiva de xénero, compartimos saberes e experiencias e convidámoste a que o fagas canda nós.
Consulta o programa de cada Museo: