EdMS24 | Investigar e aprender no museo: outro tempo
Ciclo de conversas
Temática: Museoloxía social
Esta proposta forma parte de: Estratexias de Museoloxía Social
Cando: Todos os martes (17:00-18:30) do 09 ao 30 de abril de 2024, ambos incluídos.
Formato: En liña
Este ciclo de conversas formou parte de Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24, unha nova experiencia para a comunidade iberoamericana da Rede: un espazo de diálogo, posta en común e pensamento colectivo. Dende a perspectiva da educación e a investigación no museo -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.
Buscamos coñecer experiencias, da man de profesionais de referencia iberoamericana nos ámbitos da educación e a investigación no eido museístico. Pero tamén falar e debatir sobre que condicións deberan darse para xerar contextos con tempo de calidade para que profesionais de museos, outros axentes culturais e a propia comunidade poidan indagar, experimentar e aprender sobre as súas coleccións ou sobre as realidades sociais do territorio.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Xa dispoñibles os dous últimos episodios do podcast “Que dín os rumorosos”
A RMPL no podcast "Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia"