Encontros no rural. Diálogo de saberes da RMP
no Museo Pazo de Tor
Temática: Identidade, memoria e territorio
Esta proposta forma parte de: I Foro expandido de Museoloxía Social
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Dende o 15/02/2021
De 10:00am a 12:30am
Formato: Presencial
“Encontros no rural. Diálogo de saberes” forma parte do ‘I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo’, unha ampla programación con propostas variadas que se irán dando a coñecer ao longo do ano 2023 para e con todo tipo de comunidades. A próxima sesión de “Encontros no rural. Diálogo de saberes” terá lugar o 31 de xaneiro no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, para dialogar sobre para que (ou quen) traballamos? Habitar os proxectos fronte ao xestionar. Identidade, memoria e territorio. Que se precisa para facer museos/cultura sostible no século XXI?. Como podemos participar e liderar as transformacións necesarias para que tanto os humanos como o noso planeta sobreviva e prospere?. O museo como activador social e comunitario. Modelos de operacións de gobernanza de museos. Museos e Terceiro Sector Programas Públicos. Pegada ambiental dos museos.
Tamen coincidirá co fin da residencia poética que Yolanda Castaño realiza na biblioteca do Pazo de Tor, e na que tamén visitará diversos centros escolares das comarcas do Courel e Monforte co obxectivo de promover a memoria do feito literario nos lugares nos que viviu e evoca coa súa obra Uxío Novoneyra. As reseidencias ‘Escrita no remoto’ que promove a Rede Museística da Deputación de Lugo en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra.
Participan: Blanca de la Torre, Yolanda Castaño, Vacíocero, María Roja, Eva Antelo, Alberto García, Isabel Fernández, Ruth Sousa, Fátima Teixeiro, Sergio Lago, Uxío Novo e Antón Lopo.