Exposición Fotografía a cegas V (2010-2023)

A ollada sensible

Esta proposta forma parte de: Fotografía a cegas

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando: Dende o 01/03/2023

Formato: Presencial

Outro ano máis, e xa son 13, chegan os resultados, en forma de exposición, dos talleres realizados no proxecto de Fotografía a Cegas durante o ano pasado. Nesta esta edición, na que houbo 25 participantes, abriuse por primeira vez á participación de toda aquela persoa que quixese investigar no campo da fotografía creativa desde a experiencia sensorial.

Olladas Sensibles, que é como se chama esta edición, é u título que dirixe a mirada a unha secuencia de exercicios que achegaron pautas aos alumnxs para desenvolver un album persoal, a intención era ofrecer os mecanismos e coñecementos para que cada alumnx proxectase a súa historia, a súa contorna ou as súas inquietudes desde a súa propia mirada persoal, desta maneira convídabase xs participantes a que tomasen as ferramentas e recursos artisticos dunha forma cotiá e natural, buscando na actividade da fotografía, unha opción para desenvolver a súa creatividade, motivar a inquietude artística e afianzar recursos profesionais, en definitiva unha actividade que se rexe pola máxima de eliminación de barreiras fomentando a igualdade de oportunidades.

A exposición mostrará tamén unha retrospectiva do realizado durante todos estes anos nas diferentes edicións do proxecto así como de todxs xs participantes, tanto alumnxs como profesionais que traballaron en cada unha das edicións. Con motivo do aniversario do proxecto tamén está previsto que a exposición itinere por diversas localizacións do estado unha vez finalice a súa mostra en Lugo.

Artistas colaboradores:

Germán Limeres, Xosé Reigosa, Sr. López, Iago Eireos, Eva Díaz, Ledicia Bellón, Carmen Porteiro, Ariel Rodriguez, Barbara Fautino, Vane Ribas, Andrés Haensel. Iago de Sant, María Vázquez, Henrrique Lamas, Josetxu López, Mario Fernández, Mercedes Muñoz, Ringoxbg.

Participantes:

Manuel María Díaz, Eladio Fernández, Juan Ramón Salido, Manuel Paz, Antonio Fernández, Pedro Souto, Ángeles Miguélez, Asunción Suárez, Pilar Yáñez, Isabel Rego, Ana Varela, Nieves Gayoso, Norma López, Asunción Díaz, María José García, Antonio López, Antonio Álvarez, Montserrat López, Luis Carballeira, Isolina Taboada, José Urbano Cuevas, Inés Gayoso, María Ramil, Fina Fernández, Naiara Vázquez, Inmaculada González, Cristina Alonso

Comisarios: Encarna Lago e Espazo Lupa Arte

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes