IV Xornadas Pacegas:
Tor e Narla nas Revoltas Irmandiñas: Torres, Fortalezas, Socidade
Temática: Identidade, memoria e territorio
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Do 06/05/2024 ao 07/05/2024
Aforo limitado: 45 persoas
Formato: Presencial
A Rede Museística Provincial de Lugo organiza todos os anos no Museo Pazo de Tor unhas xornadas científicas que queren ser encontros dialogados arredor da civilización dos pazos e fortalezas. Cada edición conta cun pretexto argumental no que se convida a especialistas de reputada traxectoria investigadora para que transmitan as súas aportacións fóra dos ámbitos que lles son máis habituais. Trátase de incentivar a colaboración institucional entre universidades e museos, de que o coñecemento rigoroso saia dos despachos e transite espazos accesíbeis. Trénzase a investigación académica coa acción cultural comprometida co patrimonio.
O tema das IV xornadas será o das revoltas irmandiñas. Foron determinantes para o nacemento dos pazos como as construcións que substituíron as torres e casas forte derrocadas polos insurrectos. Tor e Narla son edificios que non se entenderían sen os cambios provocados pola revolución de 1467. Plantexamos as xornadas de acordo con dous bloques. No primeiro, abordaranse as causas da destrución das fortalezas, a presenza feminina nos irmandiños, o papel xogado pola Igrexa e a posición da nobreza tralas revoltas. O segundo bloque será un monográfico sobre iconografía funeraria baixomedieval: damas e cabaleiros ante a morte.
As xornadas están abertas a todo tipo de público que queira asistir. A inscrición debe realizarse vía email a concertacionsrmp@gmail.com. O prazo de inscrición comeza o día 10 de abril e seguirá aberto ata o día 4 de maio ou completar o aforo, que é de 45 persoas.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Conferencia “A maxestade do Averno. O selo do Romanticismo Negro na arte galega e da Europa”
Conferencia “A maxestade do Averno. O selo do Romanticismo Negro na arte galega e da Europa”