Leopoldo Nóvoa, o silencio da pintura

Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo

Cando: Dende o 23/11/2023
ao 04/02/2024

Formato: Presencial

Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919- París, 2012) é sen subida, unha das grandes referencias da arte abstracta tanto dentro como fora de Galicia na segunda metade do século XX, Foi ademais dun creador rigoroso, un home reflexivo e profundo que viviu unha longa e prolifica existencia en lugares e circunstancias foi dispares.

Foi un artista recoñecido, cunha brillante traxectoria, ainda que no seu pais natal, non é un artista moi coñecido entre o gran público. Precisamente esa idea de difundir o seu traballo e cales son as referencias básicas para entendelo, é o obxectivo da exposición “Leopoldo Nóvoa, o silencio da pintura“, producida especialmente para o Museo Provincial de Lugo. Unha traxectoria que se inicia en Uruguai e Arxentina, continua en París e a concreción das súas claves creativas (1965), o incendio do seu taller no Faoubourg Saint-Antonie (1979) coa destrucción de toda a súa obra e a importancia capital que terá a súa casa-taller de Armenteira (1983) na creación dunha nova linguaxe plástica.

Hai que decir que espazo, materia e luz son os elementos dos que sempre se valeu Nóvoa para articular o seu traballo, facendo fincapé nas relacións que se establecen entre eles.

Tamén che pode interesar

Leopoldo Nóvoa, o silencio da pintura

O obxectivo é difundir o traballo de Leopoldo Nóvoa desde un relato no que mostrar as referencias da súa traxectoria como artista plástico.

Comparte nas túas redes