Benvidos a rede museística

Benvidos ao Museo Provincial de Lugo que forma parte da rede museística, o museo abriu por primeira vez as súas portas ao público en 1934, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX trasladouse ás dependencias do antigo convento de San Francisco de Lugo e foi declarado ben de interese cultural en 1962. Conta con 29 salas expositivas que albergan variadas coleccións de pezas, organizadas en tres grandes seccións: arqueoloxía, etnografía e belas artes.

A Rede Museística Provincial de Lugo é un organismo cun modelo de xestión próximo, en diálogo permanente coa sociedade. O noso principal obxectivo é tratar de cambiar a percepción dos nosos museos, convertelos en lugares de encontro, accesibles e inclusivos; espazos para a educación e a investigación.

Fortalecer este vínculo coa sociedade é esencial para favorecer a identificación dos cidadáns coas coleccións que custodiamos nos catro museos, promovendo o sentimento de propiedade colectiva dos bens culturais e forxando o sentimento de comunidade. Queremos museos dinámicos e cheos de vida.

Dende 26 de xuño os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo estamos ao seu servizo. Nova normalidade, normas adaptadas, aforos limitados, sempre con CITA PREVIA. Coa súa colaboración todo será máis doado. Teña en conta as ‘Normas de concordia a prol da saúde colectiva”. Grazas!

Horario

De martes a domingo, visitas guiadas ás 11:00 h, 12:30 h, 16:30 h e 18:00 h.
Luns pechado

Axenda

novembro

21abrTodo o día04xan“TOCA “R”, DANZA “R”Exposición

06xullTodo o día31dec“Obras convidadas do Museo de Pontevedra”Exposición

23setTodo o día15novO legado do tempoColección de reloxos de José Antonio Puentes Romay

06novTodo o día06decColectiva Club de Fotografía Callejera Jota BarrosRuando Photofest 2026

06novTodo o día06dec"Pacios 201, Retratos" de Toño López en Espazo LupaRuando Photofest 2026

10novTodo o día16decRaíces de Ceo, de Cris Bamio20 aniversario de Culturas en Diálogo

decembro

21abrTodo o día04xan“TOCA “R”, DANZA “R”Exposición

06xullTodo o día31dec“Obras convidadas do Museo de Pontevedra”Exposición

06novTodo o día06decColectiva Club de Fotografía Callejera Jota BarrosRuando Photofest 2026

06novTodo o día06dec"Pacios 201, Retratos" de Toño López en Espazo LupaRuando Photofest 2026

10novTodo o día16decRaíces de Ceo, de Cris Bamio20 aniversario de Culturas en Diálogo

xaneiro

21abrTodo o día04xan“TOCA “R”, DANZA “R”Exposición

febreiro

Non hai eventos

Ola 👋
Un pracer coñecerte.

Rexístrate ao noso boletín para recibir contido xenial na túa caixa de entrada, cada mes.

Non enviamos spam! Le a nosa política de privacidade para máis información.