Programa escolar 2023/24
Temática: Educación e mediación
Público: Comunidade educativa
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Coincidindo coa data de inicio oficial do curso escolar 2023-2024 a Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso escolar 2023-2024.
O obxectivo primordial que perseguimos é achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado e, para acadalo, ofrecemos un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle.
Consideramos que os museos son espazos de afecto nos que aprender debe ser unha tarefa divertida polo que cada unha das nosas iniciativas está enfocada a que o alumnado sexa non só partícipe, senón tamén protagonista da mesma.
O equipo humano da Rede Museística Provincial de Lugo traballa cada día para tecer lazadas coa comunidade educativa e afrontar con ilusión un novo curso escolar.
Para pór en práctica as actividades propostas ofrecemos estas modalidades de aproveitamento que son:
1.-Visitas presenciais aos museos da Rede. Con acompañamento de persoal dos departamentos de didáctica.
2.-Visitas virtuais (en liña). A través de medios telemáticos, con acompañamento de persoal dos departamentos de didáctica.
Estas dúas modalidades precisan de concertación previa e están sometidas a un calendario.
3.-Recursos educativos de libre disposición. Ofrecemos ao profesorado e alumnado interesado recursos educativos en liña a través do nosa plataforma educativa: www.comunidadermpl.
es 4.-Ademais, contamos con “maletas viaxeiras” dispostas a romper barreiras e distancias, listas para desprazarse ata os centros escolares cargadas de coñecemento e diversión.
Concertacións, consultas e contactos
Para realizar as visitas presenciais e virtuais, así como solicitar as “maletas viaxeiras”, debe concertarse única e exclusivamente, o mesmo que calquera outro tipo de comunicación relacionada con esta programación, a través do mail: concertacionsrmp@gmail.
Para reservar visitas no Museo Provincial: concertacionsrmp@gmail.
Para reservar visitas no Museo Provincial do Mar: museodomar@museolugo.org
Para reservar visitas no Museo Pazo de Tor: pazodetor@museolugo.org
Para reservar visitas no Museo Fortaleza de San Paio de Narla: sanpaiodenarla@museolugo.org
Enlaces de interese
Tamén lle pode interesar
Obradoiro colectivo “En tempo presente”
"En tempo presente" (Ou sobre como amasar os tempos na xestión de museos)