Programa escolar sobre Igualdade de Xénero
Temática: Xéneros e igualdade | Educación e mediación
Público: Comunidade educativa
Este programa forma parte de: Programa escolar
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Os museos que non serven para a vida non serven para nada, proclama o Movemento para unha Nova Museoloxía (MINOM). A Rede Museística Provincial de Lugo, en coherencia con este principio, traballa desde o territorio, a través do patrimonio e coa comunidade, como espazos abertos á escoita, á re exión, e á tolerancia ante a pluralidade social.
En consecuencia, este bloque educativo centrado na Igualdade de Xénero desenvolve accións que afondan nos conceptos de identidade, recoñecemento, visibilidade e respecto, como dereitos funda para a convivencia.
Traballaremos varios eixos fundamentais utilizando as coleccións dos museos como medio:
- Recoñecemos mulleres artistas.
- Valoramos as tarefas atribuídas ás mulleres na Historia, especialmente as dos coidados.
- Rachamos cos estereotipos de xénero e destacamos a diversidade de ser.
- Identificamos o papel das mulleres no desenvolvemento das sociedades, en especial nas comunidades rurais, desde a ollada do ecofeminismo.
Cales son os nosos obxectivos?:
- Promover a igualdade con perspectiva de xénero entre o alumnado.
- Eliminar os prexuízos sexistas fomentando o pensamento crítico e respectando a diversidade de xénero.
- Estimular a creatividade para xerar relatos inclusivos dentro do museo.
- Aumentar o coñecemento sobre as mulleres artistas na historia da arte.
- Recoñecer a historia das mulleres como parte esencial da evolución humana.
- Impulsar unha actitude comprometida, ecoloxista e cidadá na defensa dos dereitos humanos.
- Acadar as metas da Axenda 2030, e particularmente o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 5 sobre a Igualdade de Xénero.
A nosa programación sobre Igualdade de Xénero inclúe múltiples propostas e actividades, enfocadas e deseñadas específicamente para os distintos ciclos escolares e para as familias. Aquí podes descargar os cadernos didácticos:
Pode estar interesado tamén
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL Día Mundial da Visión e o Día Mundial