Coidados, vulnerabilidades e dependencias

Olladas desde os feminismos

cartel do proxecto Coidados e vulnerabilidades no que veñen as diferentes accións que forman parte do mesmo.

Dende o 15/11/2022
ata  marzo de 2023

Presencial

A escolma das creadoras foi un traballo da coruñesa Anxela Caramés, comisaria de arte e investigadora responsable do proxecto ALÉN DOS XÉNEROS, mostra que reuniu 50 prácticas artísticas feministas en Galicia desde os anos noventa ata 2017. Aborda agora este novo proxecto expositivo “que xira arredor de varios fíos conductores relacionados coa temática dos coidados”, explica Caramés. “En primeiro lugar o binomio traballo doméstico/mulleres migrantes e a súa correlación nas institucións culturais coas traballadoras da limpeza nos museos; e en segundo lugar a sobrecarga familiar das amas de casa, os problemas específicos da crianza desde a ollada das artistas nais, ademais dos vencellados cos coidados a persoas maiores”.

No Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) visibilizarase o labor das coidadoras de persoas maiores e dependentes suprimindo a división entre coidadora e coidada.

No Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) haberá unha escolma de creacións en relación á maternidade e á crianza que dialoga con obxectos que xa estaba nos fondos do museo, coma o berce, a mecedora ou as pezoneiras de cristal. Catro artistas falan desde o “eu” de ser nais incidindo nas dificultades da conciliación familiar e laboral.

E no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) as pezas céntranse no papel de coidadoras de mulleres que, ou teñen que compaxinar ambos roles no seo familiar, ou deben ocuparse dos coidados de persoas alleas para que outras poidan traballar.

Galería

Tamén che pode interesar

  • III Xornadas Pacegas ‘Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor’

III Xornadas Pacegas

Encontros dialogados arredor da civilización dos pazos e fortalezas. Trátase de xornadas científicas, que son diálogos abertos cos que trenzar a colaboración entre universidade, museos e entidades sociais para que o coñecemento académico saia á rúa.
  • Obra que forma parte do proxecto Coidados, vulnerabilidades e dependencias na que saen duas máns en branco e negro cunha rede de araña unindoas

Coidados, vulnerabilidades e dependencias

Unha pioneira aproximación para dignificar as tarefas dos coidados que recolle as creacións de 9 artistas de diferentes procedencias cun abano de expresións plásticas: vídeo, fotografía, performance, debuxo, pintura, escultura e instalación sonora.

Comparte nas túas redes