DIM 2025
O Futuro dos Museos en Comunidades en Constante Cambio

Os museos teñen un papel clave nun mundo que está en constante evolución. Non só conservan a memoria, senón que tamén inspiran o futuro. O lema deste ano propón reflexionar sobre como poden adaptarse, ser máis accesibles e conectar coa comunidade.
O DIM 2025 invita á reflexión sobre catro piares fundamentais:
✨ Adaptarse aos cambios Os museos están en transformación continua, evolucionando cos cambios sociais, tecnolóxicos e ambientais que nos afectan no día a día.
🌍 Fomentar a inclusión Queremos museos onde todas as persoas se sintan benvidas, representadas e protagonistas da cultura.
💡 Inspirar o cambio Os museos poden ser motores de transformación, xerando conciencia e impulsando accións positivas na sociedade.
🤝 Empoderar ás comunidades Traballar en equipo cos colectivos locais é esencial para crear experiencias significativas e que conecten coas necesidades reais da xente.
Propostas para o DIM 2025
A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) participa na celebración con iniciativas que poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.
🗣️ Estratexias de Museoloxía Social: Comunidades en cambio
🗓️ Todos os martes Un espazo de conversa e reflexión sobre diversidade e diálogo intercultural.
🌐 Presentación do Omeka da RMPL
📅 16 de maio – Semana dos Museos A RMPL lanza unha nova plataforma dixital baseada en Omeka, ferramenta libre e aberta para divulgar o patrimonio cultural. O proxecto inaugúrase coa exposición en liña “Cousas de Alén do Mar en Tor”, e seguirán novas coleccións dos museos da rede.
👧🏼 Cousas nosas: Xuventude de/en Lugo
Espazo para a creatividade, o xogo e a expresión cultural!
🎲 I Xornadas de rol e xogos de mesa 📆 10 e 11 de maio 📍 Fortaleza de San Paio de Narla
🎭 Teatro no Pazo de Tor polo Día das Letras Galegas 📅 17 de maio – 19h 💬 Representación do grupo de teatro do CEIP A Gándara.
🤖 Obradoiro “Robótica e arte xove” con Enrique Peñalver 📅 18 de maio – 10:00 a 13:00 📍 Museo Provincial de Lugo (MPL)
🏆 Entrega do Premio “Cousas do Retorno. Ser Migrante” 📅 18 de maio – 12:30 📍 MPL
📸 Xuventude en acción: A noite é nosa 📱
(Coordinado por Belén Linares)
Durante a Semana dos Museos (do 12 ao 18 de maio), queremos ver como vives a maxia dos museos! Súmate á iniciativa compartindo en Instagram as túas creacións inspiradas nos museos da nosa rede e no lema do Día Internacional dos Museos 2025. Podes compartir vídeos, textos, fotos… ¡o límite é a túa imaxinación!
👉 Lembra:
-
Etiquétanos na túa publicación.
-
Envíanos o enlace ao noso correo: comunidadermpl@gmail.com
Entre todas as persoas participantes, sortearemos unha fin de semana na Ribeira Sacra!
O sorteo será o 20 de maio de 2025, en directo no noso Instagram.
🔞 É imprescindible ser maior de idade e menor de 30 para participar.
🌿 Cousas Nosas: Cultura e tradicións
🔎 Encontro de saberes sobre O futuro dos museos en comunidades en cambio 📅 11:00 📍 Museo Provincial de Lugo
🎨 Inauguración da exposición “Adiante” 📅 16 de maio – 12:00 📍 Museo Provincial de Lugo
📖 Encontro con Alba Díaz Geada: “Mudar en común: Galiza 1959-1982” 📅 16 de maio – 17:30 📍 Museo Provincial do Mar
⚔️ Obradoiros sobre cultura e historia, en colaboración con Caetra Lucensium 📅 17 e 18 de maio – 11:00 a 14:00 📍 Museo Provincial de Lugo
👘 Aldeáns: Pasarela de traxes tradicionais. Ano Castelao 2025 📅 18 de maio – Dous pases, 18:00 e 19:00 📍 Fortaleza de San Paio de Narla. Servizo de autobús desde Lugo (saída ás 17h desde Cruz Vermella na Avda. Madrid , regreso ás 20h).
🎁 O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, agasallo para todas as persoas que visiten os museos da rede!