Encontros de saberes compartidos no rural,
no Museo Pazo de Tor
Temática: Identidade, memoria e territorio
Esta proposta forma parte de: I Foro expandido de museoloxía social
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Dende o 16/03/2023
Dende as 17:00pm
Formato: Presencial
O xoves, 16 de marzo de 2023, a partir das 17:00 horas desenvolverase no Museo Pazo de Tor, concello de Monforte de Lemos, unha intensa xornada coa programación de numerosas actividades enmarcadas no proxecto ‘I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo’ que se ven desenvolvendo nos museos da Rede ao longo do ano 2023.
Esta actividade, como todas as deste proxecto, promoven os valores que resume o ICOM no lema escollido para celebrar o Día Internacional dos Museos 2023: “Museos, Sostibilidade e Benestar”. A Rede Museística Provincial de Lugo continúa así dando forma a proxectos integradores que dean visibilidade ás mulleres e ao medio rural no que desenvolven as súas actividades.
-Presentación publicacións: Mulleres rurais (Volume I): Camiños Expandidos e Mulleres rurais(Volume II): O camiño ata Soterradas.
-Presenza das artistas Maria Gar e mulleres da Ribeira Sacra que participaron nos obradoiros ‘Recolectoras Memoria e Terra’ e ‘Proximidade Llunyana’.
-Terras habitadas Sostibilidade e Benestar Social Mulleres no Rural. Parladoiros de Esther Teijeiro e Carlota Pérez.
-Recital poético de Ana Vila.
-Función de danza inclusiva.
-Concerto de Jansky. Dúo mallorquín de música electrónica formado por Laia Malo e Jaume Reus que interpreta temas, unha mestura de arte e ciencia, que reivindican a ecoloxía e os sons da Natureza como patrimonio sonoro.
-Chocolatada