Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo2026-06-04T09:16:45+02:00

O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial no ano 1932, co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense.

Abriu por primeira vez as súas portas ao público en 1934, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX trasladouse ás dependencias do antigo convento de San Francisco de Lugo e foi declarado ben de interese cultural en 1962. Conta con 29 salas expositivas que albergan variadas coleccións de pezas, organizadas en tres grandes seccións: arqueoloxía, etnografía e belas artes.

Horario de inverno

(1 de novembro – 30 de maio)

De martes a sábado: de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos: de 10:00 a 15:00

Festivos: de 10:00 a 15:00

Luns pechado

 

Horario de verán

(1 de xuño – 30 de outubro)

De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos e festivos: De 10:00 a 15:00

Luns pechado

 

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Reis), Martes de Entroido,  22 de maio (Sta. Rita), 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

Percorridos polas coleccións do Museo Provincial de Lugo

Arte do Exilio Galego

Cuaderno Guía do Claustro

Depósitos do Museo do Prado

Obras senlleiras do MPL

Exposicións virtuais en Omeka

Historia dun décimo. A colección de lotaría do MPL

Manuel Colmeiro

Ourivería antiga. A colección do Museo Provincial de Lugo

Se desexa solicitar copias, tomar imaxes ou reproducir fondos materiais, fotográficos, documentais ou bibliográficos do Museo Provincial de Lugo siga estas recomendacións:

1.-Lea atentamente o documento: CONDICIÓNS DE REPRODUCIÓN DE FONDOS.

2.-Imprima, cubra e remita á dirección do MPL, debidamente asinado, o formulario: SOLICITUDE PARA A REPRODUCIÓN DE FONDOS.

Únha vez recibida a súa solicitude será avaliada polos departamentos ou servizos que corresponda, e á maior brevidade recibirá unha resposta. Pra resolver calquera dúbida ou aclaración sobre este asunto diríxase ao 982 242 112 ou a direccion@museolugo.org .

Departamentos MPL

Coñece os departamentos do Museo Provincial de Lugo e consulta as publicacións de cada un deles.

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

  • Foto en branco e negro de grupo dos participantes da quinta edición de fotografía a cegas nos xardíns do Pazo de San Marcos

Fotografía a cegas V

Fotografía a Cegas chega á súa 5º edición, nesta ocasión matriculáronse 25 alumnos. Contaremos coa presenza de alumnos de diversas procedencias, abrindo as portas a quen queiran investigar no campo da fotografía creativa dende a experiencia sensorial.
  • fotografía que forma parte da expo de proximidade llunyana na que se ve un grupo de nenas en sepia.

Proximidade Llunyana.

Proximidade Llunyana é un proxecto pretende plasmar a dimensión espacial e temporal da emigración de Lugo a Barcelona no século XX.
  • detalle da sala de exposicións da exposición da ulloa

A Ulloa. Fotografías centrípetas

Unha mostra con olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes. Esta exposición forma parte do Programa “Mulleres Rurais”

Amar a mar

“Amar a mar”: O Museo Provincial do Mar de San Cibrao pon rumbo terra adentro e chega á capital para amosarnos os segredos da mar océana.
  • imaxe da exposición de derivas. Vese una baranda e un ceo borroso en tonos grisaceos e azuis.

Derivas

Mostra fotográfica de Nachok que forma parte do programa de "Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas"

A Mariña salvase loitando

O IES San Rosendo de Mondoñedo traenos este proxecto no que nós mostra a loita dunha comarca pola sua dignidade, a traves da memoria das súas mulleres.

Mariñas, marosas e maruxainas

Poñémoslle cara e dámoslles voz ás invisibeis e ás historias non contadas daquelas que sostiveron as nosas vidas.
Go to Top