Programa “Culturas en Diálogo”
Día Mundial das Persoas Migrantes
Iniciativa que conmemora o Día Mundial das Persoas Migrantes con diversas actividades orientadas á reflexión, o intercambio cultural e a creación de espazos de encontro.
17 de decembro
Migrações forçadas: corpos descartáveis e resistências nas fronteiras globais, Encontro de Saberes en liña ás 19:00h. con Érica Sarmiento da Silva, Profesora Adxunta de Historia de América da Universidade do Estado do Río de Xaneiro (UERJ).
18 de decembro
12:00h. Ioga arte e migración no Museo Provincial de Lugo
13:00 h. No Museo Provincial de Lugo terá lugar a lectura dun manifesto que marcará o inicio do proxecto “Museo da Migración da RMPL: punto de partida”, o cal culminará o 18 de maio de 2025 coincidindo co DIM. A RMPL impulsará este novo proxecto: o Museo da Migración, un museo virtual que ten como obxectivo abordar a migración desde unha perspectiva interseccional —coherente co enfoque da Rede— e fomentar o diálogo intercultural a través da creación e a participación comunitaria.
14:00h. Xantar comunitario intercultural entre todos os participantes na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo.
15:30h. Visita guiada por Luzia Oca, do colectivo Mulleres á fronte, á exposición “Coidados na Diáspora.Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España”.
17:00h Obradoiro “Mariquiñas e Cuquitas pola diversidade”.
18:00h. Inauguración da exposición “As xoias do deserto-colección de atlántica centro de arte”- Colección de Atlántica Centro de Arte, no Museo Provincial de Lugo.
18:00h. “A Outra Patria”. Performance poética do Galego de Caracas no Museo Provincial de Lugo.
18:30h. Camiño Aberto / Canto libre de Galicia e Latinoamérica. Concerto de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas no Museo Provincial de Lugo.