Coidados, vulnerabilidades e dependencias

Olladas desde os feminismos

cartel do proxecto Coidados e vulnerabilidades no que veñen as diferentes accións que forman parte do mesmo.

Dende o 15/11/2022
ata  marzo de 2023

Presencial

A escolma das creadoras foi un traballo da coruñesa Anxela Caramés, comisaria de arte e investigadora responsable do proxecto ALÉN DOS XÉNEROS, mostra que reuniu 50 prácticas artísticas feministas en Galicia desde os anos noventa ata 2017. Aborda agora este novo proxecto expositivo “que xira arredor de varios fíos conductores relacionados coa temática dos coidados”, explica Caramés. “En primeiro lugar o binomio traballo doméstico/mulleres migrantes e a súa correlación nas institucións culturais coas traballadoras da limpeza nos museos; e en segundo lugar a sobrecarga familiar das amas de casa, os problemas específicos da crianza desde a ollada das artistas nais, ademais dos vencellados cos coidados a persoas maiores”.

No Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) visibilizarase o labor das coidadoras de persoas maiores e dependentes suprimindo a división entre coidadora e coidada.

No Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) haberá unha escolma de creacións en relación á maternidade e á crianza que dialoga con obxectos que xa estaba nos fondos do museo, coma o berce, a mecedora ou as pezoneiras de cristal. Catro artistas falan desde o “eu” de ser nais incidindo nas dificultades da conciliación familiar e laboral.

E no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) as pezas céntranse no papel de coidadoras de mulleres que, ou teñen que compaxinar ambos roles no seo familiar, ou deben ocuparse dos coidados de persoas alleas para que outras poidan traballar.

Galería

Tamén che pode interesar

  • xornadas de diersidade afectivo sexual

I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual

Esta xornadas nacen co obxectivo de crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica
  • detalle da obra de julia minguillón a miña familia

Programa escolar sobre Igualdade de Xénero

Dentro do programa escolar da rede, temos unha serie de actividades e recursos específicos para traballar a igualdade de xénero dende ás coleccións de cada un dos museos.
  • Cartel das II xornadas pacegas en Tor. Na imaxe vese o sillón da nodriza do cuarto dos nenos e unha muller vestida de doncella planchando.

II Xornadas Pacegas

Programa para profesionais da contorna museística. Esta segunda edición xira arredor do poder dos museos, co proxecto SoTERRAdas como fío condutor.

Comparte nas túas redes