Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo2026-06-04T09:16:45+02:00

O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial no ano 1932, co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense.

Abriu por primeira vez as súas portas ao público en 1934, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX trasladouse ás dependencias do antigo convento de San Francisco de Lugo e foi declarado ben de interese cultural en 1962. Conta con 29 salas expositivas que albergan variadas coleccións de pezas, organizadas en tres grandes seccións: arqueoloxía, etnografía e belas artes.

Horario de inverno

(1 de novembro – 30 de maio)

De martes a sábado: de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos: de 10:00 a 15:00

Festivos: de 10:00 a 15:00

Luns pechado

 

Horario de verán

(1 de xuño – 30 de outubro)

De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos e festivos: De 10:00 a 15:00

Luns pechado

 

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Reis), Martes de Entroido,  22 de maio (Sta. Rita), 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

Percorridos polas coleccións do Museo Provincial de Lugo

Arte do Exilio Galego

Cuaderno Guía do Claustro

Depósitos do Museo do Prado

Obras senlleiras do MPL

Exposicións virtuais en Omeka

Historia dun décimo. A colección de lotaría do MPL

Manuel Colmeiro

Ourivería antiga. A colección do Museo Provincial de Lugo

Se desexa solicitar copias, tomar imaxes ou reproducir fondos materiais, fotográficos, documentais ou bibliográficos do Museo Provincial de Lugo siga estas recomendacións:

1.-Lea atentamente o documento: CONDICIÓNS DE REPRODUCIÓN DE FONDOS.

2.-Imprima, cubra e remita á dirección do MPL, debidamente asinado, o formulario: SOLICITUDE PARA A REPRODUCIÓN DE FONDOS.

Únha vez recibida a súa solicitude será avaliada polos departamentos ou servizos que corresponda, e á maior brevidade recibirá unha resposta. Pra resolver calquera dúbida ou aclaración sobre este asunto diríxase ao 982 242 112 ou a direccion@museolugo.org .

Departamentos MPL

Coñece os departamentos do Museo Provincial de Lugo e consulta as publicacións de cada un deles.

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

278,81% de sabedoría

Desde a RMPL a través do club senior búscase con este proxecto cambiar miradas e poñer en valor o que temos
  • conversa Territorios para a vida e presentación do libro galiza e o decolonianismo de fran quiroga

Conversa territorios para a vida

A conversa "Territorios para a vida" pretende abrir un debate sobre os modos que temos de habitar Galiza, asi como pensar posibles estratexias futuras onde a terra non sexa so unha mercadoria máis e se convirta nun elemento central para o desenvolvemento de vidas máis dignas

Mosaico

Mosaico e unha exposición de Alberto pena na que traballa sobre o enfrontamento entre ou ser humano e a natureza, unha reflexión sobre unha natureza intensa, ameazada a nivel ambiental polo cambio climático.

Lestrygonians

Dende o 21 de maio ata o 31 de Agosto Jesus Otero-Yglesias expón no primeiro andar do MPL Lestrygonians, unha serie de debuxos inspirados no capitulo 8 do Ulysses de Joyce; e o vídeo Foggy Lights realizado con Shuǐ Lóng Xuě Bào na cociña da planta baixa.

CONtornos

A exposición e unha mostra froito dunha escolma das pezas amosadas no XXII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia que se celebra en Xermade. Son pezas únicas que amosan a evolución e a recuperación do torneado artesanal da madeira.
Go to Top