Programación da Rede Museística Provincial

Primeiro trimestre

O próximo Día Internacional dos Museos, a celebrar o vindeiro 18 de maio de 2024, terá como fío conductor o lema: “Museos para a educación e a investigación”. Arredor desta efeméride, entidades museísticas de todo o mundo realizarán actividades que visibilicen o papel fundamental dos museos nestas dimensións. Trátase polo tanto dunha oportunidade, a través desta axenda internacional compartida, de mostrar o potencial dos museos para activar cambios positivos na sociedade. No caso das organizacións que xa levan tempo apostando pola museoloxía social, como é o caso da Rede Museística, será un momento especial tamén para compartir experiencias, reflexionar sobre como mellorar e poñer en valor os resultados acadados. Vemos como a dimensión educadora dos museos forma parte esencial da súa función social, sendo ao mesmo tempo un dos eixos máis actuais de debate e reflexión profesional. Tamén se integra no Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable nº4 da Axenda 2030 da ONU. A Rede Museística Provincial de Lugo vén apostando por desenvolver un labor educativo moi activo, a través de accións diversas para a xeración e transmisión de coñecemento á sociedade. E faino tanto na relación coa comunidade educativa dos centros que imparten educación formal a todos os niveis, desde infantil á universitaria, como nas estratexias de divulgación e accións didácticas directas, que constitúen a chamada educación non formal e informal, imprescindibles para garantir oportunidades de educación e aprendizaxe durante toda a vida. A RMPL opera nesta liña, na busca dun impacto educativo na comunidade local, cos seus programas escolares e outras iniciativas anuais, e tamén tecendo rede con profesionais da educación formal, investigadoras, divulgadoras, artistas e outros museos de todo o mundo. Partindo desta liña de traballo para o primeiro trimestre ofrecemos a seguinte programación.

XANEIRO

  • Itinerancia da exposición “Mulleres nas/das Aldeas de Carmen Porteiro nas
    Con esta exposición, desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da RMPL, queremos visibilizar, dignificar e empoderar todas as realidades das mulleres nas/das aldeas, con especial atención ao traballo da comunidade migrante lucense como presente activo e coidador do noso rural. 22 de xaneiro.

22 de xaneiro.Pallozas de San Román, Cervantes

22 de xaneiro.CPI de Cervantes.

  • Reunión do Proxecto Proba Concepto.

26 de xaneiro.Museo do Prado.

FEBREIRO

  • Inauguración da Exposición “Da Forma ao Concepto: unha procura que conduce do Realismo á Abstracción” de  Ana María Marín.

1 de febreiro ás 12:00 h.Museo Provincial de Lugo

  • Exposición “Origen”. Glorianna Ximendaz. XI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

2 de febreiro ás 19:30h. Sala Exposicións da Deputación.

  • No marco da exposición “Da Forma ao Concepto: unha procura que conduce do Realismo á Abstracción”, a artista Ana María Marín levará a cabo un obradoiro sobre escultura táctil dirixido a persoas invidentes.

2 de febreiro ás 11:30 h.  Museo Provincial de Lugo.

  • Obradoiro “Patrimonio e Recursos de Museos para comprender a desigualdade e as narrativas alternativas”. Dentro do Proxecto Proba Concepto.

5-28 de febreiro.  En liña.(Dirixido ao profesorado.)

  • Entrega do premio FEAFES “Empréganos” para a RMPL polo seu compromiso coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.

7 de febreiro ás 17:30h. Vello Carcere

  • Exposición ”Eu son.Memoria das rapadas”. Art al Quadrat, Gema y Mònica del Rey Jordà.
    Proxecto que busca a recuperación da memoria das mulleres rapadas no franquismo por transgredir o seu papel de feminidade tradicional na II República.

8 de febreiro ás 19:00h. Museo Provincial de Lugo

  • Sesión cine-debate “Sacar á luz. A memoria das Rapadas” (Documental), coa presenza das autoras Gema e Mónica del Rey (Art al Quadrat). Comisaria: Anxela Caramés.

8 de febreiro ás 17:00h. Museo Provincial de Lugo

  • Proxecto “Notas no latido do unánime e cego”. Carla Andrade.
    Presentado en forma de apuntamentos fílmicos, este proxecto proponse cuestionar a maneira en que lembramos a través da biografía dos espazos do Pazo de Tor. Comisaria: Anxela Caramés

8 de febreiro ás 19:00h Museo Provincial de Lugo

  • Diálogo de saberes compartidos arredor de Rosalía.

23 de febreiro ás 19:00 h. Museo Provincial de Lugo

  • Exposición  “as 7 e 7”. Andrea Otero/ Noa Costas Martín/ Christina Chiarroni/ Carmen Quintáns/ Sabela Eiriz/ Greta Debelius/ Noa e Lara Castro Lema. 

As 7 e 7 é unha mostra que dá a coñecer as achegas que ELAS fan á arte, ao pensamento de Galiza e do mundo, a través das 7 artistas expostas no Museo Provincial de Lugo e doutras tantas creadoras emerxentes.  Comisarie: Sergio Marey

29 de febreiro 19:00h. Museo Provincial de Lugo.

Esta mostra leva aparalledas unha serie de accións que complementan o seu carácter didáctico, como poden ser:

OBRADOIRO “VENDO COMO VER
Obradoiro enfocado para persoas adultas. Nel aprenderemos a mirar a arte, a ver como se reflicte na obra contemporánea, a obra na que esta inspirada. Aprenderemos tamén sobre a linguaxe creadora contemporánea, sobre novas técnicas, máis tamén as que usaron as predecesoras.

5 de marzo ás 17:00 h. Museo Provincial de Lugo.

VISITAS GUIADAS 
Visitas guiadas coas que explicar a vida e obra das artistas en colección así como tamén das creadoras contemporáneas.

7 e 20 de marzo ás 17:00h. Museo Provincial de Lugo.

MESA REDONDA “AS MULLERES NA ARTE – RETOS E DIFICULTADES”
Modera Mónica Alonso, artista presente na colección do Museo Provincial de Lugo e membra da Academia de Belas Artes. A mesa pretende amosar que implicacións ten na profesión da arte ser muller. Analizar dificultades como a visibilidade, as oportunidades laborais, a presenza en espazos expositivos e museísticos, mais tamén analizar posibeis maneiras de solventalas e amosar como.

7 de marzo ás 18:30 h. Museo Provincial de Lugo.

• OBRADOIRO “VEXO, VEXO, QUE VES”
Obradoiro enfocado ao público infantil. Durante unha xornada recibiranse a diferentes escolas para que o seu alumnado, a través de xogos e actividades, aprendan a analizar e coñecer a arte contemporánea… impulsando a ensinanza artistica nas crianzas.

14 de marzo ás 12:00h. Museo Provincial de Lugo.

MARZO

Presentación e apertura de inscricións de “EDMS24: Investigación, Educación e Museos.

5 de marzo.

Presentación Programa XXIII Xornadas Pedagóxicas que serán: o 29 e 30 de maio e o 5 e 6 de xuño.

5 de marzo.

Presentación Programa IV Xornadas Pacegas: Tor e Narla nas revoltas irmandiñas: Torres, fortalezas e sociedade.

5 de marzo.

Presentación II Foro Expandido de Museoloxía Social. Presentación de Somus (Comité Internacional para a Museoloxía Social) 27, 28 e 29 de xuño.

5 de marzo.

Presentación Programa Xornadas Internacionais sobre Educación e Museos que serán na Rede Museística Proovincial de Lugo entre os días 3 – 5 de xullo.

5 de marzo.

Encontros de saberes compartidos – A natureza dos procedementos. Con Ledicia Bellón e Carmen Porteiro8 de marzo ás 11.00 h. Museo Provincial de Lugo

Encontros de saberes compartidos arredor de Asorey

20 de marzo.

Encontros de saberes compartidos arredor do Movemento, Sonido e Tempo.
23 de marzo ás 11:00h. 23 de marzo ás 11:00h. Pazo de Tor.

Ioga e arte

Obradoiros de Ioga todos os martes e xoves de 11.00 a 12.30 h. e venres de 18.30 a 20.00 h. -excepto festivos- no Museo Provincial de Lugo.

VISITAS GUIADAS

Museo Provincial de Lugo (xaneiro, febreiro, marzo)
Martes a Sábado, 17:00 h.
Museo fortaleza San Paio de Narla (febreiro)
Martes a Domingo, 12:00 h.
Museo Pazo de Tor (xaneiro, febreiro, marzo)
Martes a Domingo, 11:00; 12:30; 16:30; 18:00 h.
Museo Provincial do Mar (xaneiro, febreiro, marzo)

ACTIVIDADES ESCOLARES

Programa escolar 2023/24

Comparte nas túas redes