Programación de verán do Museo Provincial de Lugo

Asalto ao verán

Esta proposta forma parte doPrograma de verán

Onde se desenvolve:  Museo Provincial de Lugo

Cando: xuño-setembro

Este verán, nos museos da RMPL seguimos na loita, porque as inxustizas non descansan, non marchan de vacacións! As nosas actividades son ferramenta críticas para a procura doutro tempo, doutras verdades que nos vexan a todxs na nosa diferencia e das que sintamos fachenda de recoñecernos. Sexamos irmandiñxs ao asalto dun mundo mellor!

Exposicións

  • Ver e Tocar: escultoras no Museo Tiflológico”.

ata o 30 de setembro.

  • Emocións”, de Soledad Penalta.

Programa (Re)coñecer? (Re) presentar? (Re)distribuír?

Ata o 30 De setembro.

  • Sibila” de Velázquez.

Proxecto “A arte que conecta”, do Museo Nacional del Prado en colabarción co MPL

Ata o 7 de xullo.

  • Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa”.

Sala de Exposicións Do Pazo de San Marcos

Ata o 31 de xullo.

  • Inevitable”.

Taller Daulloa, sobre a interseccionalidade das desigualdades.

Inauguración 28 de xuño

ás 12:00 h.

  • Albino Fernández” (1921-2014)

Colaboran: Museo de Artes do Gravado de Ribeira e Consulado de Arxentina en Vigo.

inauguración 18 de xullo

  • Da sementeira. Arte, natureza e territorio”

Exposición dos traballos das residencias artísticas de conciliación familiar.

30 de agosto
ás 12:00h.
Sala de exposicións da Deputación Provincial

Xuño

  • Ioga e arte.

Sesión impartida por Stephanie Cubides.

martes e xoves
de 11:00 a 12:30 h.
Club Senior
libre

  • Visitas técnicas guiadas á obra Sibila de Velázquez

de martes a venres ata o 5 de xullo.
ás 12:00 h.
Para grupos (mínimo 10 persoas)
con reserva previa en: direccion@museolugo.org / 982242112

  • Museos Humanos.

Obradoiro impartido por Leonardo Casado.

28 de xuño
de 10:00 a 11:30 h.
adultos
libre

Xullo

  • Visitas técnicas guiadas á obra Sibila de Velázquez:

de martes a venres ata o 5 de xullo.
ás 12:00 h.
Para grupos (mínimo 10 persoas)
con reserva previa en: direccion@museolugo.org / 982242112

  • Xornadas Internacionais sobre museos e educación Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento de dereitos culturais.

Curso de verán da USC.

3 de xullo.
de 16:30 a 20:30 h.
profesionais de museos, universidade e institutos.
previa matrícula.

  • Festival Sacra Expandido: Celebrartes. Danza inclusiva.

3 de xullo
18:30h.
público xeral
libre ata completar aforo, con reserva previa na web https://sacrafestival.org/sacra-expandido/

  • Ioga e arte.

Sesión impartida por Stephanie Cubides.

martes e xoves
de 11:00 a 12:30 h.
Club Senior
libre

  • REconectarte. Ioga para nenxs.

todos os venres de xullo.
de 11:30 a 13:00 h.
crianzas
previa inscrición en concertacionsrmp@gmail.com

  • Concerto de Galgo no xardín dentro do ciclo “Novas Músicas”

17 de xullo
ás 20:30h.

  • Técnicas Gráficas para Relatar Memorias soTERRAdas.

Obradoiro de ilustración coa artista Adela Vázquez, dentro do proxecto de investigación educativa “Soterradas: vidas e historias na procura dun contexto de xustiza social”.

30 de xullo
de 10:0 a 14:00 h.
público xeral
previa inscrición en concertacionsrmp@gmail.com

 

Comparte nas túas redes