Museo Fortaleza de San Paio de Narla

Museo Fortaleza de San Paio de Narla2026-02-11T09:35:44+01:00

A fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e abriu as súas portas como museo en 1983.

O edificio está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior, que acollen coleccións de historia e etnografía.

A imaxe amosa un elemento icónico do Museo-Fortaleza de San paio de Narla. Trátase dunha liteira de paseo para un único ocupante. Este palanquín consiste nun habitáculo de madeira negro con decoración e cortinas douradas e dúas varas laterais que sobresaen ampliamente por diante e por detrás, deixando o espazo suficiente para ser transportada con largura por dúas persoas. Esta liteira era empregada, con tracción humana, polos nobres para os seus desprazamentos

Horario de inverno

(1 de novembro – 28 de febreiro)

De martes a venres: De 10:00 a 14:00

Sábados, domingos e festivos: De 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00

Pechado luns e festivos locais
.

Horario de verán

(1 de marzo – 31 outubro)

De martes a domingo: De 10:00 a 20:00 (incluídos os días festivos)

Pechado os luns e festivos locais

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), Martes de entroido, 22 de maio (Sta. Rita), 15 de xullo, 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

  • Fotografía en cor no que se ve en primeiro plano a unha persoa facendo un selfie mentres move unha linterna na escuridade

Fotografía a Cegas III

Terceira edición de "Fotografía a cegas". Na que se traballará sobre a relación do Museo coa paisaxe que o rodea, no marco do DIM 2016 do ICOM
  • logo clube ei!

Clube ei!

Benvidos ao Clube ei! da Rede Museística Provincial de Lugo. Un clube dirixido a toda a mocidade que quere seguir formando, ou comezar a ser, parte activa da programación da Rede

Club Pequeamigxs

Benvidos ao Club Pequeamigxs da Rede Museística Provincial de Lugo, enrédate con nós.
  • Fotografía a cegas II

Fotografia a cegas II

Segunda edición de "Fotografía a cegas". Nesta edición traballase o concepto da luz e tamen se incorpora o audiovisual.
  • participantes obradoiro no museo do mar do club senior

Club Senior

Benvidos ao Club Senior da Rede Museística Provincial de Lugo. Enreda con nós nun amplo programa de actividades especialmente dirixidas a xente coma ti.
  • Participantes dos obradoiros no claustro deo museo provincial

Fotografía a cegas

“Fotografía a Cegas” é un programa no que se buscan outras realidades, entender a fotografía como unha ferramenta próxima, que pode utilizarse sen ollos, sen necesidade de ver o que se ten diante, senón buscando o que sinte ou se pensa.
Go to Top