Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo2025-11-12T10:08:10+01:00

O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial no ano 1932, co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense.

Abriu por primeira vez as súas portas ao público en 1934, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX trasladouse ás dependencias do antigo convento de San Francisco de Lugo e foi declarado ben de interese cultural en 1962. Conta con 29 salas expositivas que albergan variadas coleccións de pezas, organizadas en tres grandes seccións: arqueoloxía, etnografía e belas artes.

Horario de inverno

(1 de novembro – 30 de maio)

De martes a sábado: de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos: de 10:00 a 15:00

Festivos: de 10:00 a 15:00

Luns pechado

 

Horario de verán

(1 de xuño – 30 de outubro)

De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos e festivos: De 10:00 a 15:00

Luns pechado

 

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Reis), Martes de Entroido,  22 de maio (Sta. Rita), 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

Percorridos polas coleccións do Museo Provincial de Lugo

Arte do Exilio Galego

Depósitos do Museo do Prado

Obras senlleiras do MPL

Se desexa solicitar copias, tomar imaxes ou reproducir fondos materiais, fotográficos, documentais ou bibliográficos do Museo Provincial de Lugo siga estas recomendacións:

1.-Lea atentamente o documento: CONDICIÓNS DE REPRODUCIÓN DE FONDOS.

2.-Imprima, cubra e remita á dirección do MPL, debidamente asinado, o formulario: SOLICITUDE PARA A REPRODUCIÓN DE FONDOS.

Únha vez recibida a súa solicitude será avaliada polos departamentos ou servizos que corresponda, e á maior brevidade recibirá unha resposta. Pra resolver calquera dúbida ou aclaración sobre este asunto diríxase ao 982 242 112 ou a direccion@museolugo.org .

Departamentos MPL

Coñece os departamentos do Museo Provincial de Lugo e consulta as publicacións de cada un deles.

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

  • Cartel da exposición "Amar a(mares)" de Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. O fondo da imaxe mostra unha textura de cristal con tons verdes e transparencias. Sobre el, aparece o título da exposición en letras grandes e escuras. Máis abaixo, en menor tamaño, figuran os datos da mostra: terá lugar do 3 de abril ao 31 de maio de 2025 no Museo Provincial de Lugo. Na parte inferior, os logotipos da Deputación de Lugo - Cultura e da Rede Museística Provincial de Lugo.

Amar a(mares)

Amar a(mares) Julia Ares Infantil e familias | Maiores

Go to Top