Fotografía a Cegas VI

SINESTESIA

A nova edición de Fotografía a Cegas, expón a necesidade de adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial, desta volta, diversas disciplinas como a fotografía, a danza, a creación audiovisual, música, ou o deporte como expresión corporal serán o eixo central dos talleres programados nos 4 museos da Rede Museística, a fotografía e a imaxe, serán o nexo común dos obradoiros propostos.

Sinestesia: A palabra “sinestesia”, ao contrario que “anestesia” (ningunha sensación), refírese a un fenómeno de “unión de sensacións”. Isto tradúcese en que algunhas persoas experimentan sentidos mesturados: por exemplo, ver cores mentres escoitas unha canción ou apreciar sabores cando alguén che fala.

A gran novidade de esta edición a atopamos que dous dos obradoiros serán impartidos por persoas con discapacidade visual, sendo elas quen nos conten de primeira man a gran complexidade na que se atopan diariamente como creadores ou como persoas que queren adentrarse na complexa “normalidade”, a súas historias a través dos seus obradoiros mostrarán o exemplo a seguir, e a forma de afrontar un proxecto de superación persoal.

O prazo de inscrición do proxecto  está aberto e acaba o día 23 de marzo. Quen queira participar terá que enviar un correo electrónico facendo a petición a concertacionsrmp@gmail.com

Video da pasada edición

Tamén che pode interesar

Fotografía a Cegas VI

A nova edición de Fotografía a Cegas, expón a necesidade de adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial, desta volta, diversas disciplinas como a fotografía, a danza, a creación audiovisual, música, ou o deporte como expresión corporal serán o eixo central dos tobradoiros

Comparte nas túas redes